Juventud

ECOLOXÍA

Cara á folga do 15 de Marzo! Que a crise ambiental páguena os capitalistas!

Dende hai unhas semanas están a sucederse os “venres verdes” en cidades de toda Europa, onde estudantes maniféstanse contra a crise ambiental global. Que programa e que estratexia precisamos para vencer?

Jacobo A. García

Vigo | @Jacobscarface

Martes 5 de marzo | 20:02

En castellano

Como expoñiamos nun anterior artigo este é un movemento que move a milleiros de mozos e moza. A xeración “ millenial” (a nada despois do ano 1984) e a xeración Z (a nada despois do 2000), ven claramente como se lles está deixando un mundo no que cada vez vai ser máis difícil vivir. Ata o momento sumáronse 270 cidades, e o proceso, aínda moi incipiente no Estado español, coa primeira asemblea en Madrid, ten toda a perspectiva de seguir a medrar.

O movemento naceu dun grupo chamado “ Fridays for future”, sen un verdadeiro programa máis que a esixencia ás autoridades para que actúen contra o cambio climático. Pero pouco ou nada podemos agardar das elites económicas mundiais. Dunha parte, a extrema dereita negacionista, doutra parte o que se fixo chamar o (falso) “capitalismo verde”.

A “transición ecolóxica” capitalista é un parche incompleto, que ademais se pretende facer pasar sobre os ombros da maioría social. Non temos máis que ver a medida do imposto aos combustibles do goberno de Macron en Francia, que desatou a rabia dos chalecos amarelos, que representan a grandes capas sociais expulsadas das cidades por procesos de xentrificación, e dedican unha parte importante do seu salario ao transporte.

Este proceso de loita de clases, con moitas máis demandas, fixo ceder ao goberno Macron, nun contexto onde a burguesía é completamente incapaz. Nun recente artigo explicabamos as contradicións ás que se someten os eslavóns débiles do capitalismo fósil.

Poñer impostos aos combustibles do transporte resulta absurdo, tendo en conta que se calcula que o 63% das emisións de CO2 a nivel mundial son consecuencia da actividade de 90 multinacionais, e tan só en Europa o 60% da contaminación é producida por 5 delas. En Francia manifestáronse milleiros de xoves coa consigna “Venres verdes, sábados amarelos”, expondo que si queremos unha transición ecolóxica, mais que a paguen os ricos.

Hai máis de 30 anos que existe consenso científico sobre as causas humanas da suba da temperatura a nivel global, aumentando a frecuencia de fenómenos climáticos extremos, como incendios forestais catastróficos en pleno inverno, secas que arrasan as colleitas, maiores e máis frecuentes inundacións e tormentas, etc.
Pero non só isto. A crise ambiental ten moitos máis factores que non podemos obviar. O esgotamento dos chans fértiles, debido aos métodos intensivos de agricultura (cousa que xa analizou de forma incipiente Marx), a contaminación xeneralizada, endémica en zonas como Ghana, vertedoiro mundial de material electrónico, ou a conca do Ganges na India, onde todos os contaminantes rexistrados pola comunidade científica mundial están presentes no río e zonas próximas ou a proliferación de microplásticos nos océanos.

Pero lembremos, non é a primeira vez que o movemento ecoloxista colle forza. Nos anos 60 e 70, a loita contra o cambio climático e contra os residuos nucleares moveu a millóns de persoas, pero fracasou nos seus obxectivos. Por que? Porque prevaleceron as estratexias alleas á clase traballadora e os seus métodos de loita.

Precisamos dun ecoloxismo da clase traballadora

Nun contexto onde a pobreza enerxética cébase cunha gran parte da poboación, consideramos precisa a nacionalización sen indemnización de todo o sector enerxético baixo control democrático dos traballadores. Esta medida reduciría os prezos, melloraría o servizo e garantiría unha transición cara a enerxías renovables, a cal require un gran investimento de capital, que os empresarios non están dispostos a asumir.

Ademais, cremos precisa a nacionalización sen indemnización das empresas de transporte, creando unha grande rede de transporte público, así como as grandes empresas automobilísticas, para reconverter a súa produción cara ás necesidade sociais e non cara ao lucro capitalista.

Este tipo de medidas enmárcanse na nacionalización baixo control obreiro dos medios de produción, dende a terra, expropiando aos terratenentes, ata rematar coa obsolescencia programada.

Son tantas as medidas que precisamos que non podemos agardar nada dunha clase, a capitalista, que se beneficia economicamente dun intricado sistema de produción deseñado sen ningunha consideración ambiental ou social. Todas e cada unha das conquistas sociais arrincáronse mediante a loita de clases.

Por todo isto chamamos a participar activamente na folga estudantil para que realmente paren todos os centros de estudo para loitar contra a crise ambiental. Desexamos que os sindicatos secunden esta folga, reivindicando demandas atractivas para a clase traballadora, como o recoñecemento de enfermidades profesionais debido á exposición de contaminantes ou o acceso a todos os postos de traballo mediante transporte público barato.






Temas relacionados

#JusticiaClimática   /   Huelga Estudiantil   /   Juventud    /   Cambio climático   /   Juventud

Comentarios

DEJAR COMENTARIO