Internacional

PORTUGAL

Folgas e mobilizacións de traballadores fan tremer ao Goberno portugués

A clase traballadora portuguesa vén de protagonizar intensas mobilizacións no que levamos de ano. Deste xeito convocáronse 112 preavisos de folga. O 2018 xa foi un dos anos no que máis sentiu o peso das demandas dos traballadores.

Martes 5 de marzo | 20:04

En castellano

Os sectores que están a levar a vangarda destas protestas son os profesores públicos e enfermeiros. Estes tiveron unha dinámica de mobilizacións e folgas permanentes nos últimos meses.

Mais non son os únicos, tanto no sector privado como no público os paros comezan a formar parte da vida cotiá de millóns de portugueses. Esta indignación entre a clase traballadora do país veciño leva anos acumulándose, perante a continua degradación das condicións de vida da inmensa maioría da poboación. Despois do estalido da crise económica de 2008 e a posterior crise da débeda portuguesa, estes ataques á clase obreira lusa redobráronse.

Deste xeito como noutros países de Europa a “política austeridade” converteuse en sinónimo de recortes e desmantelamento da sanidade e a educación pública, mais tamén en reformas laborais e das pensións regresivas.

Por iso non é coincidencia que agora despois de anos de ver como os salarios apenas medraban e mesmo diminuían, sectores enteiros da clase traballadora saen á loita. E precisamente son os traballadores da sanidade e a educación os que se poñan á cabeza.

Isto contrasta co discurso do Goberno do socialista Antonio Costa de optimismo e mellora económica. A aparente recuperación non se traslada aos traballadores, sendo o salario medio portugués un dos máis baixos de Europa. O executivo, que conta co apoio de Partido Comunista de Portugal ( PCP) e o Bloco de Esquerda, non moveu unha soa coma da reforma laboral e o resto de medidas antipopulares que aprobou o anterior Goberno. Mesmo nestes anos moitos dos grandes problemas sociais agraváronse de forma importante. Por exemplo o prezo da vivenda disparouse, principalmente o dos alugueres. Excedendo en cidades como O Porto ou Lisboa o salario medio dun traballador.

Este goberno apoiado polas tres forzas situadas á esquerda do arco parlamentario, conseguiu o apoio electoral necesario para gobernar grazas ás promesas de rematar coa austeridade herdada dos anteriores gobernos conservadores. Isto xerou moita expectativa nun momento no que a sociedade lusa estaba a pasar por unha profunda dor social provocada pola fonda caída do seu nivel de vida. Mais tamén se viu no resto de Europa como unha saída en clave “ progresista” que puidese reverter os aspectos máis lesivos das políticas neoliberais. No Estado español o Goberno de Pedro Sánchez co apoio de Unidos Podemos tivo como gran exemplo á coalición liderada por Antonio Costa. En ambos os casos os resultados son parecidos. Non se aplicou ningunha medida de gran calado, e só deuse paso a unha política de xestos baleiros.

A clase obreira portuguesa ten unha gran tradición de loita e esta suba da conflitividade laboral pode estar anunciando que as mobilizacións obreiras póñanse no centro do taboleiro político. A case 45 anos do inicio da Revolución dos caraveis o réxime capitalista portugués volve sentir que “O povo é quem mais ordena.”






Temas relacionados

Lucha de clases   /   Portugal   /   Huelga   /   Internacional

Comentarios

DEJAR COMENTARIO