Mundo Obrero Estado Español

MUNDO OBRERO, EXTREMA DERECHA

Un bombeiro é agredido por ultradereitistas en unha concentración en Madrid

Este sábado 19 de Outubro un grupo de bombeiros galegos protestaban pola mellora das súas condición laborais. Ao finalizar a concentración, un grupo de varios ultradereitistas atacaron a Miguel Ucles, delegado sindical da CIG e presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galiza.

Jacobo A. García

Vigo | @Jacobscarface

Lunes 21 de octubre | 18:34

A concentración na que participaba foi convocada pola Coordinadora Unitaria de Bomberos Profesionales, de carácter estatal para reclamar unha lei estatal que regular a todo o corpo de bombeiros no Estado, pero sen invadir competencias autonómicas nin limitar a autonomía local. Un grupo de bombeiros galegos participaron da concentración onde tamén fixeron visíbeis os reclamos do corpo de bombeiros de Vigo que levan en folga (cuns altos servizos mínimos) durante meses, coa que piden entre outras cosas cobertura de baixas e aumento do persoal, maiores tempos de descanso, etc.

Cando rematou esta acción de protesta, ao redor das 7 da tarde, Miguel dirixíase a súa furgoneta para deixar unha pancarta e a bandeira galega estreleira, unha persoa rodeada de outras catro riuse del e pegoulle un puñetazo no pescozo sen mediar palabra. Caíronselle as gafas e agachouse ao chan para recollelas, onde recibiu máis puñetazos e patadas, e gritos de “Independentista de mierda”, “Fuera de aquí” e “Hijo de puta”. El esquivou algúns golpes e intentou explicar que no era independentista catalán, pero lle responderon que daba igual, que se fora de alí.

Finalmente marcharon e Miguel tentou buscar a algún axente de policía para denunciar los feitos, pero estes estaban pendentes da manifestación e non lles foi posible formalizar unha denuncia. Dende entón recibiu apoios de numerosos compañeiros de profesión y multitude de persoas nas redes sociais.

Nunha entrevista en Avantar, o portal dixital da CIG, preguntado sobre se esta agresión ten que ver co escenario en Catalunya, Miguel Ucles respondeu afirmativamente: “Os medios de comunicación sementan odio contra una parte, y logo pasan estas cousas…Vivimos nun Estado que está composto de distintas nacións, así que únicamente poderemos convivir si se respeta o dereito a decidir. Pero vivimos nunha democracia imposta, nunha transición infinita”.

Repudiamos firmemente esta agresión a este traballador que estaba a loitar polos seus dereitos y mostramos o noso máis firme apoio. Feitos como estes demostran que baixo o pretexto da unidade de España, a reacción máis extrema prepárase para atacar a loita social e de clases, nun contexto de probable recesión económica para o seguinte período.

A sentencia contra os presos independentistas abriu o camiño a unha maior represión estatal, así como á criminalización da protesta social. Por iso é necesario impulsar la mobilización para defender os nosos dereitos democráticos e sociais, contra a represión do Estado e contra os grupos de extrema dereita, envalentonados y branqueados polos medios de comunicación.






Temas relacionados

Autodeterminación de Catalunya   /   Mundo Obrero Estado Español   /   Bomberos   /   Galicia   /   Libertades Democráticas

Comentarios

DEJAR COMENTARIO