Política Estado Español

REPRESIÓN CATALUNYA

Galiza: Organicemos a solidariedade con Catalunya, polas nosas liberdades e dereitos sociais

En Galiza realizáronse algunhas accións de solidariedade e houbo cargas policiais contra manifestantes que repudiaban a presencia de Vox en Vigo. É urxente organizarse e unir forzas para loitar contra o Réxime do 78.

Sábado 2 de noviembre de 2019 | 13:04

Foto: ID

En castellano

A sentenza aos presos políticos do procès catalán desembocou en dúas semanas de protestas masivas. Millóns de persoas tomaron as rúas repudiando a brutal sentenza que condenou a penas de ata 14 anos cárcere por “sedición” a políticos e líderes sociais independentistas.

Decenas de milleiros de persoas ocuparon o aeroporto do Prat o día que se coñeceu a sentenza, centos de milleiros camiñaron cara Barcelona nas “marchas de la llibertat” , unha folga estudantil de 3 días, unha folga xeral o 18 de outubro convocada por dous sindicatos de esquerda (IAC e CSC) con un seguimento de 2,5 millóns de persoas. E suma e segue. As protestas continuaron esta fin de semana e teñen previsto continuar nos seguintes días, cando está a comezar a campaña electoral do 10-N.

Do mesmo xeito que foi masiva a mobilización do pobo catalán tamén foi masiva a represión do estado: arredor de 600 feridos, 8 deles coa perda dun ollo polo uso das balas de goma prohibidas en Cataluña, cargas brutais por parte dos Mossos de Esquadra, a Policía Nacional e a Guardia Civil, más de 300 detidos e xa case 40 novos presos políticos en prisión preventiva.

A isto súmaselle unha campaña de criminalización da protesta social realizada polos medios de comunicación españois, tanto privados como públicos, un bombardeo de información victimizando á policía en normalizando unha situación de imposición dunha sentenza xudicial inxusta a todo un pobo que quere decidir o seu futuro. Un discurso que branquea á extrema dereita e a partidos coma Vox, que permite a súa consolidación e crecemento e que oculta as agresións sufridas polos colectivos de esquerda en Catalunya e no resto do estado, como no caso do bombeiro de Vigo agredido en Madrid, ou a represión á manifestación antirrepresiva en Madrid, mostrando que a sentencia do procès non é un caso illado.

Mostras de apoio e solidariedade sucedéronse en Euskadi, Madrid, Zaragoza, Burgos, na sete cidades galegas con dúas concentracións e noutros lugares do Estado español. A represión tamén foi sufrida en sitios como en Madrid, mostrando que a sentenza do procès non é un caso illado. Trátase dun antecedente gravísimo que está dirixido á criminalización da protesta social e a represión por parte do Estado, nun período onde os ventos dunha nova recesión xa están presentes e o goberno saínte das urnas terá que preparase para realizar o axuste económico que lle impón as elites económicas estatais e internacionais.

En Galiza realizáronse dúas concentracións nas sete cidades galegas convocadas pola plataforma Galiza con Catalunya, onde están presentes diversas organizacións sociais e de esquerda. O pasado xoves 24 producíronse cargas policiais contra manifestantes antifascistas que protestaban pola presencia de Vox en Vigo. Mais aínda non existe unha verdadeira coordinación e organización dun movemento que sexa capaz de sacar ás rúas máis duns centos de persoas en cada cidade.

Consideramos que as forzas maioritarias do nacionalismo de esquerda galego non están respondendo coa adecuada intensidade á gravidade dos feitos. O BNG e a CIG, o principal sindicato galego teñen a capacidade para chamar á mobilizacións a milleiros de persoas que sexan unha voz alta e clara en Galiza que se escoite en todo o Estado contra a represión, polo dereito de autodeterminación e todas as liberdades democráticas perdidas durante a crise. É hora de que rematen coa súa pasividade e impulsen verdadeiramente á mobilización nas rúas.

Por iso propomos que se realicen asembleas nas universidades, escolas e centros de traballo e de estudo para organizar a solidariedade co pobo catalán, especialmente cos milleiros de mozos e mozas combativas que están enfrontando con valentía a represión, e que están fartos de vivir nun estado onde non se lles permite decidir sobre a independencia, pero tampouco sobre ningunha das cuestións que lles afectan. Unha mocidade maltratada polos baixos salarios, a precariedade, o alto prezo da vivenda, asfixiada por unha situación económica que segue sendo insostible anos despois de que nos venderan que xa estabamos entrando unha “recuperación” económica.

O pasado ano arredor de 8000 estudantes universitarios galegos votaron contra a Monarquía e pola apertura de procesos constituíntes como parte dun movemento de referendos en máis de 50 universidades con 100000 votos contra a monarquía, o cal expresa a indignación contra o Réxime antidemocrático do 78 nunha parte importante da mocidade. O único xeito que temos de conseguir este obxectivos e organizamos e mobilizarnos nas rúas e nas universidades, institutos, centros de traballo.

Por un programa e estratexia de independencia de clase

A esquerda neorreformista española de Podemos, Esquerda Unida e agora Máis País xa renunciou a defender os dereitos democráticos do pobo catalán, integrándose completamente no Réxime e defendendo unha constitución que foi votada hai 40 anos baixo a ameaza dun golpe de estado militar e onde gañou o “NON” en Euskadi e Catalunya. Unha constitución que foi cambiada sen consultar a ninguén polo PSOE e o PP para modificar o artigo 135 e priorizar o pago da débeda fronte ao dos servizos públicos pero que é intransixente á hora de negar o dereito de autodeterminación e os nosos dereitos sociais, vulnerados unha e outra vez por gobernos ao servizo do gran capital.

Non podemos deixar de lado á mocidade e a clase traballadora catalá que se mobiliza polos seus dereitos e comeza a desconfiar do seu propio goberno que manda á policía autonómica a reprimir. A mocidade galega traballadora ten o dereito e a responsabilidade de saír ás rúas e esixir o respeito á liberdade de expresión e reunión, o dereito de autodeterminación do noso pobo e do resto dos pobos do Estado, un ensino e unha sanidade de calidade, condicións de vida dignas para a mocidade precaria que non pode pagar o aluguer e ten salarios de miseria, entre outras demandas. Loitemos polo noso dereito a loitar para vivir nunha terra mellor, libre de toda opresión e explotación.

Por isto en estas eleccións xerais do 10 de Novembro chamamos a facer un voto crítico á CUP en Catalunya, que está facendo un balance da súa estratexia falida de “man estendida” no nacional coa burguesía catalá e é a única forza que propón claramente que non vai a apoiar un goberno do PSOE. En Galiza e no resto do Estado chamamos a un voto nulo ante a falta dunha alternativa de esquerda verdadeiramente coherente co dereito de autodeterminación do pobo catalán e independente dos partidos do Réxime.

Loitamos por un programa para que a crisis a paguen os capitalistas, como a nacionalización dos sectores estratéxicos, como enerxía, banca, transporte e telecomunicacións, polo dereito dos pobos á súa autodeterminación, pola redución da xornada laboral e a suba do salario mínimo, entre outras medidas sociais e democráticas. E creemos que o único xeito de acadar estas e outras demandas sociais é mediante a mobilización social e obreira, e loitando para que se realicen procesos constituíntes en todas as nacións do Estado, coa perspectiva dun goberno da clase traballadora.

Pola amnistía de todos os presos e presas por loitar!
Polo dereito de autodeterminación dos pobos!
Pola apertura de procesos constituíntes para decidilo todo!
Que a crise a paguen os capitalistas!






Temas relacionados

#VotoNuloxCatalunya   /   #SentenciaProces   /   Galiza   /   Autodeterminación de Catalunya   /   Política Estado Español

Comentarios

DEJAR COMENTARIO